Deseno de fornos

Introducción

Combustibles e materiais

Principios de deseno

Construcción paso a paso

Fornos de Raku

Planos

 

INTRODUCCIÓN

Que o forno é unha das ferramentas máis importantes dun taller de cerámica é algo evidente, ( esta evidencia faise desagradablemente palpable  cando non funciona correctamente), tamén é unha das maiores inversións que ten que realizar o/a ceramista e por riba non é algo do que se poida prescindir. O prezo de compra dun forno é , o meu xuizo, esaxeradamente alto, xa que as materias primas empregadas na súa fabricación non son precisamente caras; sin embargo non son moitos os ceramistas que se lanzan a construir o seu propio forno. Hai unha especie de lenda de taller que recela diso, plantexándose o asunto como algo de gran dificultad e con serias probabilidades de que o forno en cuestión non funcione ben, si algo é temido nun taller é ter un forno que non suba correctamente. A verdade é que hoxe en dia hai cantidade de libros e información sobre o tema, e tamén a masiva utilización da fibra simplificou a construcción; asi pois é unha cuestión de tomar a decisión de facelo e poñerse mans á obra.
A evolución dos desenos dos fornos o longo da historia é un exemplo do xeito de sacar conclusións e a aplicación práctica desas conclusións. As primeiras coccións foron as chamadas de cacharela, que aínda hoxe se seguen a facer nalgunhas partes do globo (hai unha versión moderna dese  tipo de cocción : no serrín ). A partir de aiqui, oriente e occidente seguiron camiños diferentes; en occidente o proceso foi pechar esa larada nacendo asi o forno circular, onde xa había unha cámara para o lume e outra para as pezas, o seguinte paso foi estreitar a parte superior do forno atá convertilo nun forno circular cunha pequena chimenea ( forno de botella) e para de contar.

 En oriente, sin embargo, optaron por aproveitar as pendientes das colinas e os fornos fixeronse furando nesas pendientes, os primitivos anagamas teñen ese deseno. A diferencia fundamental está no tipo de tiro empregado, en occidente sempre optaron polo tiro ascendente mentras que en oriente a súa tendencia foi hacia o tiro cruzado, deixando aberta asi a porta ao o tiro invertido, sempre aproveitando os desniveis naturais. O punto álxido do deseno de fornos en oriente alcanzouse cos naborigamas, ou fornos de cámaras, onde xa alcanzaban temperaturas de gres e porcelana. En todos os casos estamos a falar de fornos xigantescos (con leña non convén facer un forno pequeno), hoxe en dia nos talleres dos chamados ceramistas independentes non se ven fornos de tanta cubicaxe, cambiou o modelo de taller, de traballo, de forno, de combustible e de materiais.

Voltar arriba