|
|
|
Pastas
As
pastas son elaboradas no propio taller a partir de materias primas galegas,
as arxilas e caolíns desta comunidade son de gran calidade e especialmente
bós para a elaboración de pastas de alta temperatura. As
veces, o problema é atopar quen comercialize esas arxilas, e tamén
cómo as comercializa. Hai barreiras en explotación pero
só comercializan ó grande, é decir, por camións;
isto tradúcese en que si facemos un pedido debemos estar preparados
para que nos deixen unha montaña de varias toneladas de arxila
na horta. Isto, para moitísimos talleres, é inviable.
Hai tres áreas donde se poden conseguir arxilas: a zona de Bergantiños
( Buño e Lendo - Laracha), na costa de Lugo ( Burela,Fazouro e
Barreiros) e na zona de Porriño. As de Bergantiños teñen
máis ferro que o resto pero as comercializan en pó, o que
facilita o seu uso. Tanto en Porriño como na mariña de Lugo
comercializan a granel, pero especialmente en Lugo merece a pena si se
ten sitio. O barro de Buño ( moi coñecido pola súa
cerámica tradicional ) resulta especialmente interesante e versátil
xa que soporta temperaturas de 1170ºC e máis e tamén
aguanta coccións tan extremas como o Raku. Aqui van algunhas das
receitas empregadas no taller:
| Arxila
Laracha |
60 |
Moi
boa pasta, cando está ben gresificada ten un encollemento
alto ( 14% ) pero resulta moi fiable, sin fendas nin deformacións.
Bó torneado.
A cor é parda oscura e máis oscura en reducción
pero reacciona moi ben o ferro da pasta cos barnices, chegando
a facer bó algún barniz insulso. |
| Caolin
de Burela |
10 |
| Barro
Buño - B100 |
18 |
| Chamota
# imp. Asturiana |
12 |
| Arxila
de Laracha |
50 |
Pasta
algo máis "dura" que a anterior, mellor para
traballar a 1280 - 1300ºC. Bó torneado e cor parda
oscura |
| Caolin
de Burela |
30 |
| Camota
# imp. Asturiana |
20 |
| Pegmatita
de Silán |
10 |
Métodos de preparación.-
Á
hora de decidir fabricar a nosa propia pasta é importante ter claro
como imos facer, para iso non hai un único sistema e, como
soe ocurrir noutras facetas deste oficio, deberemos adaptar o sistema
ós nosos medios e posibilidades; isto dos medios é unha cousa relativa
e mentres para algúns ceramistas certos medios son básicos e irrenunciables,
isos mesmos medios para outros son unha quimera. Unha cousa está
clara: resulta moito máis cómodo facer unha chamada e que
manden unha tonelada de gres que poñer mans á obra e facelo nos mesmos.
Pero a comodidade págase e si por riba non estamos moi conformes
ca calidade do producto é cuestión de pensarlo o de elaborar nos
mesmos a pasta que nos guste.
Antes de nada necesitamos un distribuidor, o ideal é que nos vendan a
materia prima en polvo "impalpable", é o máis cómodo
xa que moi habitualmente necesitaremos mezclala con outros materiais nunha
proporción determinada e tamén é importante que "nos toleren";
explícome. Por regla xeral as minas de arxila comercializan o seu producto
por toneladas ( e non unha ou dúas) desde esa perspectiva
resúltalles curioso, cando non un latazo, que lles vaias pedindo unha
mostra para saber si lles poderás pedir unha tonelada ou dúas.
Resulta bastante incómodo sentir que estás estorbando (
as veces non dubídan en facelo ver), neses casos non queda outra que paciencia
e determinación. Superada a fase do distribuidor entramos na fase
da elaboración en si.
Normalmente, as pastas son mezclas de varios compoñentes, asi pois deberemos
pesalos e mezclalos, para pesalos dispor dunha báscula capaz de
pesar moitos kilos pódenos resultar moi útil. A partires
de aiqui o método é variable según os medios. Desde que
comenzei elaborarme a pasta probei diferentes métodos pero
que básicamente fóron dous, que eu lles chamo o de batido e o de ensilado.
Batido.- Neste sistema unha vez que temos pesados os ingredientes engadimos
auga e batimos a mezcla atá que quede unha barbotina. Para batir
babriquei unha batidora a partir dun motor de lavadora, unha especie de
taladro xigante, tamén podemos usar un taladro convencional pero non durará
moito; no mercado hai uns taladros específicos para batir (pensados para
masas de escaiola , cementos, etc) que poden servir sin problemas. O punto
débil deste método está no secado, habitualmente recurrese a grandes planchas
de escaiola, co que unha parte do espacio do taller deberemos dedicalo
a ese proceso de secado. Algúns ceramistas aseguran que o uso continuado
de secar as masas en escaiola vai restando plasticidade á arxila,
eu non podo aseguralo pero si da esa sensación. Outro método de secado
consiste en usar sacos de tela e verter a barbotina no interior, ten que
ser una tela resistente tipo loneta; unha vez cheo, pechámolo e
o colgamos para que escurra a auga; é un sistema máis lento e funciona
mellor si o facemos nun espacio exterior cuberto.
Se cadra, este método de fabricación de pastas funciona bén en
climas cálidos pero en Galicia resulta tedioso, incómodo e extremadamente
lento.
Ensilado.-
É o sistema que uso na actualidade e é ben sinxelo. Despois
de pesar os ingredientes mezcloos nunha carretilla cun sacho ou cunha
pá, unha vez mezclados poño esta pasta seca cun pouco de
auga no "silo". O silo en cuestión non é máis que unha
especie de caixa grande feita cun plástico negro do que se usa en agricultura,
eu fago isto enriba dun palé e xa aproveito esas medidas. Imos botando
no seu interior a mezcla seca e engadindo auga (sin pasarnos) o ideal
é dispor dunha mangueira con pulverizador. Cando rematamos fechamos
ben a caixa de plástico e xa está, nuns dias a pasta estará uniformemente
húmeda. O mellor é dispor de dous silos, asi mentras usemos un
no outro poderemos ir botando os restos secos, reciclando e preparando
a seguinte partida. Nin que decir ten que istos silos non poden estar
na parte soleada do taller, o óptimo é que esté nun lugar sombrio
e húmedo, e si está no exterior o mellor é poñelo na cara
norte.
A
parte final de calquera método é pasar a pasta pola galletera,
esta máquina é casi imprescindible, e digo casi porque durante
años preparei pasta sin ela, amasando cos pés. É un método antiguo
que permite amasar partidas duns 200 kilos de cada vez. De todo-los xeitos
unha galleteira sempre é unha boa inversión, aínda
que non preparemos a nosa pasta, xa que resultarános moi útil
á hora de reciclar a pasta que usemos.
Hai tamén maquinaria que nos pode valer para elaborar a pasta,
unha especie de mezcladoras, que sobretodo aforrarános tempo. Este
tipo de maquinaria úsase en panaderia e todas está baseadas
no mesmo principio : un eixe con pás estreitas que rota dentro
dun recipiente. Este principio é o inverso das formigoneiras (que
sempre é a primeira máquina que se nos ocurre); nestas,
o eixe central é estático e xira o tambor metálico
exterior, este método vai ben para mezclar ingredientes en seco
pero si o humedecemos, a arxila, a diferencia do cemento, tende a quedarse
pegada no interior dese tambor. A máis coñecida destas pequenas
máquinas de panaderia é o chamado muiño de buñuelo,
no que o eixe central rota á vez que ten un movimiento lonxitudinal.
Un problema que nos pode surdir con estas máquinas é que
si cadra precisemos corriente trifásia, si queremos que unha mezcladora
mova con soltura partidas grandes precisaremos motores de sete cabalos,
iso é moito cabalaxe para corriente monofásica. Unha alternativa
é usar motores diesel de formigoneira, son moi resistentes e hai
mercado de segunda man
En certa oc asión
tiven a oportunidade de ver en pleno funcionamiento unha máquina á que
chamaban Ribbon Blender, é unha especie de mezcladora, como a do dibuxo,
fabricada no propio taller, permitia preparar partidas de máis de 100
kilos de cada vez en moi pouco tempo. O eixe central xira a unha velocidade
de entre 20 e 30 r.p.m. o cal implica unha forte reducción a base
de rodas dentadas ou poleas. O grado de humidade da pasta é fácil de regular
xa que o podemos comprobar sobre a marcha. Unha máquina deste tipo acelera
moito o proceso de elaborar a pasta e nun par de dias podemos ter o suministro
asegurado para un ano. E iso non é broma ningunha.
|